Madera

cab_cma

CLUSTER DA MADEIRA DE GALICIA EN CIFRAS


O Cluster da Madeira de Galicia (CMA) aglutina a empresas e axentes vinculados a toda a cadea de valor da madeira: explotación forestal, serradoiros, empresas de chapa e taboleiro, empresas de carpintería e mobiliario e servizos.


O CMA conta coa medalla “Gold Label” o máximo recoñecemento de nivel de excelencia na xestión dun Cluster a nivel internacional.

gold



Galicia lidera o sector forestal en España e é a novena potencia europea. O 50% da madeira que se corta en España procede dos montes galegos. A industria galega é pioneira no desenvolvemento de produtos a nivel nacional e internacional.



O CMA desenvolveu máis dun centenar de proxectos en todos os ámbitos da industria para a mellora competitiva das empresas do sector e participa no Foro da Biomasa forestal, un recurso enerxético limpo, económico e próximo. Galicia conta con capacidade suficiente de produción para atender a demanda deste biocombustible, do que se producen anualmente 140.000 toneladas.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies